lunes, 9 de mayo de 2016

Unha nova esperanza de vida para pacientes con cancro de páncreas.

O cancro de páncreas é a acumulación de células malignas canceríxenas neste órgano.
Debido á posición do páncreas é moi difícil de detectar e diagnosticar este tumor a tempo, xa que rapidamente se extende cara outros órganos, convertendoo así no tumor máis agresivo do tracto dixestivo. 
Os principais factores de risco polos cales xurde o tumor son basicamente fumar e ter antecedente familiares de cancro de páncreas.
Os síntomas que presenta son moi confusos xa que se poden confundir con enfermidades máis comúns. Estes síntomas son por exemplo a pérdida de peso sin explicación algunha, a pérdida do apetito, sensación de cansancio...

Como dicía, é moi difícil de detectar a tempo, co cal é tamén moi difícil que as persoas que o teñen sexan curadas. Pero grazas ás investigacións realizadas no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) hai unha nova porta nesas escasas esperanza de vida que teñen os pacentes que sufren cancro de páncreas. Trátase dun novo tratamento que consiste en ir destruíndo ós poucos as células do tumor mediante unha endoscopia, chegando a reducir o tamaño deste tumor case 2cm por cada técnica realizada. É unha técnica totalmente indolora e compatible con outros tratamentos usados actualmente, como por exemplo a quimioterapia.

O tratamento está tendo boa acollida entre os médicos e pacientes do CHUS e de outros 3 centros clínicos de Europa e EE.UU. Ata o momento, os resultados obtidos están sendo moi esperanzadores e sendo optimistas, no CHUS creen na posibilidade de que nun prazo de 2 anos, este tratamento poida ser aplicado noutros centros.

El doctor Domínguez en Radio Obradoiro - FOTO: R.O.

 (Enrique Domínguez. xefe do servicio de Aparato Dixestivo do CHUS)

No hay comentarios:

Publicar un comentario