lunes, 23 de mayo de 2016

As Médulas (León)

Na provincia de León sitúanse as Médulas, a maior mina a ceo aberto de todo o Imperio romano. Esto deixounos hoxe en día, unha das paisaxes máis fermosas e incribles de toda a Península Ibérica. Foi nomeada en 1997, grazas á natureza e a acción do home, Patrimonio da Humanidade.


Xa polo século I, os romanos comezaron coa extracción de ouro deste lugar e aínda que apenas durou uns 100 anos, o impacto que tivo tanto para as poboacións como para a natureza foi enorme. Todos os cambios que fixeron na canalización das augas e os movementos de terra cambiaron por completo a economía das poboacións máis cercanas e tamén a paisaxe, dando lugar ó lago de Carucedo.


La CuevonaAntes de comezar coa ruta que nos leva a visitar as Médulas, é interesante parar na aula arqueolóxica, donde nos contan toda a información que debemos saber e unha infinidade de curiosidades moi interesantes sobre esta paraxe turística e as miles de historias que garda no seu interior. Pero o realmente fermoso é visitar o miradoiro de Orellán, no cal se poden ver todas as colinas avermelladas que nos deixan as Médulas, chegando a el a través dalgunha das rutas que nos levan polos xacementos.

É unha visita realmente interesante que lla recomendo, desde a miña propia experiencia, a todo o mundo.




lunes, 9 de mayo de 2016

Unha nova esperanza de vida para pacientes con cancro de páncreas.

O cancro de páncreas é a acumulación de células malignas canceríxenas neste órgano.
Debido á posición do páncreas é moi difícil de detectar e diagnosticar este tumor a tempo, xa que rapidamente se extende cara outros órganos, convertendoo así no tumor máis agresivo do tracto dixestivo. 
Os principais factores de risco polos cales xurde o tumor son basicamente fumar e ter antecedente familiares de cancro de páncreas.
Os síntomas que presenta son moi confusos xa que se poden confundir con enfermidades máis comúns. Estes síntomas son por exemplo a pérdida de peso sin explicación algunha, a pérdida do apetito, sensación de cansancio...

Como dicía, é moi difícil de detectar a tempo, co cal é tamén moi difícil que as persoas que o teñen sexan curadas. Pero grazas ás investigacións realizadas no CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) hai unha nova porta nesas escasas esperanza de vida que teñen os pacentes que sufren cancro de páncreas. Trátase dun novo tratamento que consiste en ir destruíndo ós poucos as células do tumor mediante unha endoscopia, chegando a reducir o tamaño deste tumor case 2cm por cada técnica realizada. É unha técnica totalmente indolora e compatible con outros tratamentos usados actualmente, como por exemplo a quimioterapia.

O tratamento está tendo boa acollida entre os médicos e pacientes do CHUS e de outros 3 centros clínicos de Europa e EE.UU. Ata o momento, os resultados obtidos están sendo moi esperanzadores e sendo optimistas, no CHUS creen na posibilidade de que nun prazo de 2 anos, este tratamento poida ser aplicado noutros centros.

El doctor Domínguez en Radio Obradoiro - FOTO: R.O.

 (Enrique Domínguez. xefe do servicio de Aparato Dixestivo do CHUS)