lunes, 22 de febrero de 2016

Rosalind Franklin: a muller que descubreu a estructura da vida.

Rosalind Franklin fixo posible un dos descubrimentos máis importantes do século pasado, xa que gracias a ela pudo clarificarse a estructura da dobre hélice do ADN, vital para a comprensión da vida.

Esta científica inglesa naceu no ano 1920 e destacou principalmente pola chamada Fotografía 51 que fixo con raios X do ADN, polas súas investigacións relacionadas coas microestructuras do carbón e do grafito e tamén cabe destacar o seu traballo sobre a estructura dos virus. Desgraciadamente morreu no ano 1958 aos 37 anos de idade dun cancro de ovarios, seguramente como consecuencia do seu traballo cos raios X.

Watson, Crick e Wilkins, tras enterarse dos descubrimentos da científica, puxéronse a investigar máis coa súa fotografía e foron eles quenes, a espaldas de Rosalind, publicaron o ansiado traballo.
No ano 1962 Watson, Crick e Wilkins recibiron o Premio Nobel de Medicina polo descubrimento da estructura de ADN, sen cederlle ningún mérito a Rosalind pola contribución no avance.

O que lle pasou a Rosalind Franklid é un claro exemplo de como eran despreciadas as mulleres dedicadas á ciencia naquela época. A sociedade, as institucións e os propios compañeiros de traballo condenaron durante moitos anos á que as científicas permanecesen no anonimato.




Resultado de imagen de rosalind franklin

lunes, 1 de febrero de 2016

Enfermidades raras: enfermidade de Creutzfeldt-Jakob

Hoxe en día defínese "enfermidade rara" a aquelas que padecen tan só 1 de cada 2.000 persoas (definición que se lle da en Europa), unha cifra moi baixa en comparación con calquera outra enfermidade. Ata o momento sábese de unhas 6.000 enfermidades deste tipo, máis da metade delas de orixe hereditario e dexenerativas. Por desgracia máis da metade delas non son estudadas como se debería, xa que para o mercado non teñen o mesmo interese que outras enfermidades máis comúns, por iso chegan a chamarse "enfermidades descoidadas".

Pero agora imos falar dunha enfermidade en especial, a enfermidade de Creutzfeldt-Jacob, unha das cales a min me chamou máis a tención.
Consiste nun dano cerebral que leva a unha disminución rápida da función mental e do movemento. Está causada por un prión, unha proteína que fai que o resto de proteínas non funcionen correctamente.
Encontrramos varios tipos dentro desta enfermidade:
  • De tipo esporádico (son a maioría dos casos)
  • De tipo familiar (herédase o prión dos pais)
  • De tipo adquirido
Esta enfermidade non ten unha cura coñecida, a pesar de que se probaron varios medicamentos que só sirven para retrasar o seu avance, pero non funciona moi ben.
Os primeiros síntomas deste transtorno son depresión, delirios e alucinacións. Máis tarde prodúcese a rixidez dos membros e a perda do control dos movementos. Todo esto dexenera en demencia e finalmente na morte, tan só un ano despois de comezar cos primeiros síntomas.

Esta é unha enfermidade como outra calquera, pero por desgracia non se lle dedica moito tempo á súa investigación, xa que non é unha enfermidade moi común. Desde o meu punto de vista esto debería cambiar, deberíaselle dar máis importancia a certas enfermidades, non só esta, senón moitas máis que están no mesmo caso. Porque a pesar de que a padecen poucas persoas,as que a padecen acaban morrendo, e iso é o que hai que intentar evitar.

                                                                                                  (fases da enfermidade)