lunes, 7 de marzo de 2016

Bioética: dilemas da saúde humana

Todos pensamos que a bioética e a ciencia pensan o mesmo, polo feito de que están relacionadas, pero non é asi. Moitas veces propoñen ideas contradictorias e fannos ver unha realidade desde dúas perspectivas bastante diferentes sobre un mismo tema. Moitas veces os médicos téñense que enfrontar a dilemas sobre a saúde de persoas (a quen darlle un órgano, non tratar a unha persoa se non quere...) e entón é cando entra a bioética.

Un exemplo foi o que lle ocorreu a unha parella inglesa no ano 2000. Á muller diagnosticáronlle cancro e debía someterse a un tratamento antes de non quedar estéril. Para que nun futuro pudera ter fillos co seu marido, extráenselle os seus óvulos, fecúndanse co esperma do seu marido e gárdanse os embrións xenerados ata que a muller estea totalmente recuperada da sua enfermidade, xa que non se lle pode negar a uns pais disfrutar da paternidade, cando existen medidas que os axuden en casos coma estes.
No ano 2002 a parella sepárase e o home manda destruír os embrións, xa que non quere que se lle implanten á súa ex-muller, di que ten todo o dereito do mundo en decidir con quen ter un fillo. A muller non acepta esa proposta, xa que si se destrúen eses embrións non podería ter fillos nunca máis. Como o divorcio estaba en vista de xuíxo, tamén influíu este tema e o xuíz doulle a razón ó ex-marido, quedando a muller sen a posibilidade de ter fillos.

Agora ben, que opina a bioética de todo isto? Principalmente di que a pesar de que o home ten todo o dereito a ter fillos con quen queira, debería pensar un pouco na muller, que non puido cumplir o seu desexo de ter fillos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario