lunes, 26 de octubre de 2015

Cancro de mama

19/10/2015

Cada ano diagnostícanse 26 mil novos casos de cancro de mama en España, unha cifra alarmante, verdade? Pois a pesar diso hai países que superan a España nesa cifra, como por exemplo os Estados Unidos, Reino Unido ou Bélxica.

O cancro de mama é unha enfermidade que aparece cando as células do epitelio glandular das mamas se reproducen dunha forma moi rápida e incontrolada. Pode aparecer tanto en homes coma en mulleres, pero o 99% dos casos son mulleres.
As principais causas son o consumo de alcohol, a obesidade, a idade, a densidade das mamas e a xenética entre outras.
O principal síntoma é a aparición dun bulto no seo, palpable e que non causa dor.
Para previlo é aconsellable realizar mamografías a partir dunha certa idade e a autoexploración para atopar os bultos. Se aparece algún bulto é indispensable acudir ó médico e realizar unha biopsia, e se da positivo hai unha seria de tratamentos, como por exemplo a quimioterapia, a radioterapia e nos casos máis extremos operar.

En conclusión, o cancro é inesperado, que non se pode evitar cando aparece, pero sempre é aconsellable levar unha vida saudable.