sábado, 11 de junio de 2016

Día Mundial dos Océanos


O pasado día 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos, o día de esas enormes masas de auga que serven de fogar para miles de especies e forman o corazón do planeta.


Grazas a eles podemos conectarnos con países doutras partes do mundo ou alimentarnos. Serven de refuxio para as especies que teñen a súa vida dentro deles ou, para o noso beneficio, producir moitos dos recursos utilizados nas nosas vidas.
Desde a ONU (Organización das Nacións Unidas) o tema promovido para este Día Mundial dos Océanos 2016 é "océanos sans, planeta san", facendo fincapé en intentar deter a contaminación por plásticos, a gran ameaza do océanos. Pero nos só é esa a causa da súa contaminación, senón que os grandes culpables somos nós, os seres humanos e as nosas actividades, que a pesar de que nos benefician, danan a estas masas tan imprescindibles nas nosas vidas.


Os océanos sempre nos están dando beneficios, e xa é hora de que por unha vez sexamos nós os que lles demos beneficios a eles. A cousa parece moi difícil, pero tan só consiste en concienciarnos todas e cada unha das persoas que vivimos neste planeta e axudalos, comezando por evitar a contaminación, se queremos garantir a saúde das xeracións futuras.






No hay comentarios:

Publicar un comentario