
Xa polo século I, os romanos comezaron coa extracción de ouro deste lugar e aínda que apenas durou uns 100 anos, o impacto que tivo tanto para as poboacións como para a natureza foi enorme. Todos os cambios que fixeron na canalización das augas e os movementos de terra cambiaron por completo a economía das poboacións máis cercanas e tamén a paisaxe, dando lugar ó lago de Carucedo.
Antes de comezar coa ruta que nos leva a visitar as Médulas, é interesante parar na aula arqueolóxica, donde nos contan toda a información que debemos saber e unha infinidade de curiosidades moi interesantes sobre esta paraxe turística e as miles de historias que garda no seu interior. Pero o realmente fermoso é visitar o miradoiro de Orellán, no cal se poden ver todas as colinas avermelladas que nos deixan as Médulas, chegando a el a través dalgunha das rutas que nos levan polos xacementos.É unha visita realmente interesante que lla recomendo, desde a miña propia experiencia, a todo o mundo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario